Hypoponera punctatissima (Roger, 1859)

Especie exótica amplamente distribuída mundialmente (Bolton & Fisher, 2011). Coma as demais representantes do xénero levan unha vida endoxea.

Na casta raíña a ṡa diferenciación da autóctona e moi semellante Hypoponera eduardi (Forel, 1894) faise pola distinta lonxitude relativa dos escapos e a pilosidade no pecíolo máis longa en H. punctatissima .

Material estudado: Mesón da Cabra, Guitiriz (Lugo). 15-VIII-2006. 450 M. 43º10’42”N 7º49’47“O. Unha raíña sen ás, baixo pedra.