Goniomma hispanicum (André, 1883)
Son formigas granívoras de pequeno tamaño e costumes discretos, con ollos característicos en forma de bágoa invertida (Fig. 1). Polos ollos é posible diferenciala da outra especie do xénero citada para Galicia, Goniomma kugleri Espadaler, 1986 (Espadaler, 1986), pertencente a outro grupo de especies. En G. hispanicum os ollos non se achegan tanto á beira do perfil inferior da cabeza coma si é en G. kugleri (Fig. 2).
Esta especie coñécese de numerosas localidades ibéricas (Espadaler, 1981), aínda que no norte faise máis rara. A cita galega está dentro dalgunha das áreas de distribución estimadas para o xénero por Collar et al. (2016).
Material estudado: Montefurado, Quiroga (Lugo). 3-V-2018. 280 M. 42º23’15”N 7º12’16”O. CAMiño entre prados. Non se atopou ninġn niño, só obreiras illadas.