Myrmica karavajevi (Arnoldi, 1930)

Parasita social inquilina en niños de diversas especies de Myrmica Latreille, 1804 do grupo scabrinodis sensu Radchenko & Elmes (2010), e que está amplamente distribuída por Eurasia, sen ser abundante en ningures. Na Península Ibérica coñécese de Euskadi (Espadaler et al., 2004).

Dentro das Myrmica parasitas, pertence ao grupo das de pequeno tamaño, equivalente ao das obreiras hospedeiras. A outra especie ibérica semellante é Myrmica lemasnei Bernard, 1967, dos Pireneos, da que se diferencia pola pilosidade máis curta e menos densa no gáster (Fig. 4) e pola ausencia de reticulación no dorso do pospecíolo (Fig. 5) (Radchenko & Elmes, 2010). Hai outra parasita do mesmo xénero en Galicia, Myrmica bibikoffi Kutter, 1963, citada do concello de Vigo por García et al. (2008), pero é de tamaño maior, coma unha raíña de Myrmica de vida libre.

Material estudado: Penedos, Abadín (Lugo). 24-IV-2018. 720 M. 43º26’45”N 7º30’37”O. Entre estrada e prado ḣmido. Baixo pedra, en niño de Myrmica aloba Forel, 1909 . Catro raíñas. Non se escavou o niño, polo que o ṅmero total de raíñas parasitas presentes descoñécese. M. aloba é un novo hospedeiro que pertence ao grupo scabrinodis sensu Radchenko & Elmes (2010), como as demáis especies de Myrmica parasitadas por M. karavajevi . As M. karavajevi e algunhas obreiras de M. aloba estaban infestadas con Hormiscium myrmecophilum Thaxter, 1914 (Fig. 6), un fungo parasito xa citado por Espadaler & Santamaría (2012) en Myrmica sp. no norte de Portugal e en Myrmica sabuleti Meinert, 1861 en Galicia.