Plagiolepis taurica Santschi, 1920
Formigas de moi pequeno tamaño, 3 mm nas obreiras, polo que frecuentemente poden non ser advertidas aínda que nos ambientes mediterráneos a ṡa presencia é unha constante.
No material ibérico distínguese dende recentemente da moi semellante Plagiolepis schmitzii Forel, 1895 (Espadaler et al., 2013), pola pubescencia no gáster moito menos densa na especie que nos ocupa. Polo de agora, P. schmitzii non é coñecida para Galicia.
De Plagiolepis pygmaea (Latreille, 1798), tamén presente en Galicia (Collingwood & Yarrow, 1969) e máis abondosa, distínguese polo segundo e terceiro segmentos funiculares: mentres que en P. pygmaea son iguais, en P. taurica é máis longo có terceiro.
Material estudado: Doade, Sober (Lugo). 5-VII-2016. 300- 600 M. 42º24’N 7º28’O. MAtos de ericáceas e piornos, baixo pedra.