Stenamma debile (Förster, 1850)
Con anterioridade a García et al. (2015), existía certa confusión no material ibérico respecto esta especie e Stenamma westwoodii Westwood, 1839 (véxase ese mesmo traballo para a historia sinonímica que afecta as ḋas especies). A presente é a primeira mostra galega vista polo autor que pertence a S. debile, sendo todas as outras S. westwoodii .
A diferenciación das ḋas especies, segundo Rigato (2011), é polos apéndices máis curtos, a reticulación no dorso do mesosoma máis lonxitudinal pero sen carena central en S. debile, e a morfoloxía do entrante do clípeo entre os lóbulos frontais (Fig. 8).
Material estudado: Rego Seco, A Pastoriza (Lugo). 24-IV-2017. 540 M. 43º22’45”N 7º20’30”O. Carballeira. Baixo pedra, unha obreira.