taxonID	type	description	language	source
03E41C06FF81AB08AFB5F8A22F6DCBAF.taxon	description	— Camponotus cruentatus (Latreille, 1802) Distrib ̇ ese polo Magreb, Península Ibérica, sur de Francia e noroeste de Italia (Cagniant, 1996). Anteriormente coñecíase a especie de tres citas de zonas costeiras da provincia de Pontevedra (Collingw ood & Yarrow, 1969), d ̇ as en Ourense (Salvadores & Salvadores, 2016; García, 2021) e unha da serra do Courel (Castro-Ferreiro & Alonso-Díaz, 2023) (Fig. 1). A especie é de tamaño grande (ata 13 mm) e aspecto mate. A coloración é en xeral escura, pero o mesosoma ten certo compoñente avermellado e o dorso do gáster está tinguido de laranxa (Fig. 2).	fr	García, Fede (2025): Novas citas para o xénero Camponotus Mayr, 1861 en Galicia (NO Iberia) (Hymenoptera: Formicidae). Arquivos Entomolóxicos 32: 73-79, DOI: 10.5281/zenodo.16951708
03E41C06FF80AB08AFB5FC2E2B0ECFF0.taxon	description	— Camponotus lateralis (Olivier, 1792) Distribución mediterránea desde a Península Ibérica a Turquía, e norte de África (Seifert, 2019). En Galicia só hai d ̇ as citas en Pontevedra (Santschi, 1925; Collingw ood & Yarrow, 1969) (Fig. 3). A coloración vermella de cabeza e mesosoma abonda para diferenciar esta especie da seguinte na maior parte de casos. En ocasións hai espécimes máis escuros, que distínguense da seguinte especie pola cutícula máis brillante na cabeza e un inferior desenvolvemento da pilosidade (Seifert, 2019) (Fig. 4).	fr	García, Fede (2025): Novas citas para o xénero Camponotus Mayr, 1861 en Galicia (NO Iberia) (Hymenoptera: Formicidae). Arquivos Entomolóxicos 32: 73-79, DOI: 10.5281/zenodo.16951708
03E41C06FF83AB0BAFB5FDC52E4BCE96.taxon	description	— Camponotus pilicornis (Roger, 1859) Distrib ̇ ese na Península Ibérica e sur de Francia (Janicki et al., 2016). En Galicia coñécese de d ̇ as localidades en Pontevedra (Collingwood & Yarrow, 1969) e de unha en Ourense (Tinaut et al., 1992) (Fig. 7). Dentro do subxénero, caracterízase por presentar quetas nas xenas, e cor alaranxado en cabeza, mesosoma e nalg ̇ n caso na base do gastro. Nas mostras galegas, a parte superior do mesosoma das maiores acostuma a estar escurecida (Fig. 8). Todas as colonias estaban baixo pedras. Trátase dunha especie mediterránea de actividade crepuscular e nocturna.	fr	García, Fede (2025): Novas citas para o xénero Camponotus Mayr, 1861 en Galicia (NO Iberia) (Hymenoptera: Formicidae). Arquivos Entomolóxicos 32: 73-79, DOI: 10.5281/zenodo.16951708
03E41C06FF83AB0AAFB5F9C629D9CB53.taxon	description	— Camponotus vagus (Scopoli, 1763) Ten unha ampla distribución de Iberia a Siberia (Seifert, 2018). En Galicia hai d ̇ as citas, unha na ría de Vigo (Collingwood & Yarrow, 1969) e outra mais recente na serra do Courel (Castro-Ferreiro & Alonso-Díaz, 2023) (Fig. 9). Caracterízase por ser uniformemente negra, con pubescencia densa e pilosidade abondosa (Fig. 10). Aniña en madeira (Seifert, 2018).	fr	García, Fede (2025): Novas citas para o xénero Camponotus Mayr, 1861 en Galicia (NO Iberia) (Hymenoptera: Formicidae). Arquivos Entomolóxicos 32: 73-79, DOI: 10.5281/zenodo.16951708
