Myrmica karavajevi (Arnoldi, 1930)
publication ID |
https://doi.org/ 10.5281/zenodo.11659867 |
DOI |
https://doi.org/10.5281/zenodo.11659897 |
persistent identifier |
https://treatment.plazi.org/id/1B040512-FFD9-8E37-FF64-4979FE2FD8E8 |
treatment provided by |
Felipe |
scientific name |
Myrmica karavajevi (Arnoldi, 1930) |
status |
|
Myrmica karavajevi (Arnoldi, 1930) View in CoL
Parasita social inquilina en niños de diversas especies de Myrmica Latreille, 1804 do grupo scabrinodis sensu Radchenko & Elmes (2010), e que está amplamente distribuída por Eurasia, sen ser abundante en ningures. Na Península Ibérica coñécese de Euskadi ( Espadaler et al., 2004).
Dentro das Myrmica parasitas, pertence ao grupo das de pequeno tamaño, equivalente ao das obreiras hospedeiras. A outra especie ibérica semellante é Myrmica lemasnei Bernard, 1967 , dos Pireneos, da que se diferencia pola pilosidade máis curta e menos densa no gáster ( Fig. 4 View Fig ) e pola ausencia de reticulación no dorso do pospecíolo ( Fig. 5 View Fig ) ( Radchenko & Elmes, 2010). Hai outra parasita do mesmo xénero en Galicia, Myrmica bibikoffi Kutter, 1963 , citada do concello de Vigo por García et al. (2008), pero é de tamaño maior, coma unha raíña de Myrmica de vida libre.
Material estudado: Penedos, Abadín (Lugo). 24-IV-2018. 720 M. 43º26’45”N 7º30’37”O. Entre estrada e prado ḣmido. Baixo pedra, en niño de Myrmica aloba Forel, 1909 . Catro raíñas. Non se escavou o niño, polo que o ṅmero total de raíñas parasitas presentes descoñécese. M. aloba é un novo hospedeiro que pertence ao grupo scabrinodis sensu Radchenko & Elmes (2010), como as demáis especies de Myrmica parasitadas por M. karavajevi . As M. karavajevi e algunhas obreiras de M. aloba estaban infestadas con Hormiscium myrmecophilum Thaxter, 1914 ( Fig. 6 View Fig ), un fungo parasito xa citado por Espadaler & Santamaría (2012) en Myrmica sp. no norte de Portugal e en Myrmica sabuleti Meinert, 1861 en Galicia.
No known copyright restrictions apply. See Agosti, D., Egloff, W., 2009. Taxonomic information exchange and copyright: the Plazi approach. BMC Research Notes 2009, 2:53 for further explanation.
Kingdom |
|
Phylum |
|
Class |
|
Order |
|
Family |
|
Genus |