Microdon analis (Macquart, 1842)

García, Fede García, 2018, Sobre alg ̇ ns mirmecófilos galegos, cunha especie nova para España, Microdon myrmicae Schönrogge et al., 2002 (Diptera: Syrphidae), e Coccinella magnifica Redtenbacher, 1843 (Coleoptera: Coccinellidae) nova para Galicia., Arquivos Entomolóxicos 19, pp. 139-146 : 140-141

publication ID

https://doi.org/ 10.5281/zenodo.12767792

persistent identifier

https://treatment.plazi.org/id/843687FD-FF96-4422-FF01-020BFE2A9ED2

treatment provided by

Felipe

scientific name

Microdon analis (Macquart, 1842)
status

 

Microdon analis (Macquart, 1842) View in CoL

Está distribuída por boa parte de Eurasia ( Speight, 2014). Citada anteriormente en Galicia do

Courel ( Ricarte et al., 2014).

A distinción morfolóxica desta especie ten problemas semellantes á da especie anterior, pois existe unha especie xemelga, Microdon major Andries, 1912 . O pupario presenta unha reticulación máis densa ca de M. myrmicae ou M. mutabilis , órgano respiratorio posterior cuberto cunha membrana en forma de escamas de serpe ( Fig. 3 View Fig ), e a relación entre a lonxitude total do pupario e o órgano respiratorio posterior posterior inferior cá de M. major , segundo Schmid (2004) e Speight (2014).

Material estudado:

— Candal das Fócaras, Cervantes (Lugo). 3-VII- 2017. 42º48’11’’ N 6º52’37’’ O. 1650 m. Baixo pedra en niño de Lasius platythorax Seifert, 1991 , grande ṅmero de puparios baleiros, en todo caso máis de vinte, alġns deles moi degradados e fragmentados. Non se detectou ningunha larva na parte superior do niño que foi a que quedou á vista ao levantar a pedra, xa que non se escavou.

Medidas biométricas, en micras (n=3): Lonxitude pupario=8216, lonxitude órgano respiratorio posterior=473,7, relación entre a lonxitude total do pupario e o órgano respiratorio posterior=16,83. Neste caso, os órganos respiratorios anteriores, que se fragmentan do resto do pupario ó emerxer o imago, non se atoparon.

Lasius platythorax ( Fig. 4) considérase por Speight (2014) o hospedeiro principal de M. analis . É unha habitante habitual do bosque, aniñando en madeira. Conforme a Seifert (1992), ademais de en bosque, tamén aniña no solo en localidades cun importante grao de humidade, coma a do niño citado.

Un pupario de M. analis foi depositado no MCNB (rexistro MZB-2018-0372); o outro material está na colección do autor.

MCNB

Museu de Ciències Naturals de Barcelona

Kingdom

Animalia

Phylum

Arthropoda

Class

Insecta

Order

Diptera

Family

Syrphidae

Genus

Microdon

Darwin Core Archive (for parent article) View in SIBiLS Plain XML RDF